Ir al contenido principal

Tarea 3

 

OBSOLESCENCIA PROGRAMADA: ALGO MÁIS QUE UN APARATO QUE DEIXA DE FUNCIONAR….

Teño que recoñecer que ata o momento que iniciei a miña pequena investigación para o meu block, sobre o tema da obsolescencia programada, pensaba que era unha cousa de hai ben pouco tempo. Algo, que afectaba soamente a xeración dos teléfonos intelixentes, y ás novas televisións planas. Pero quedei abraiado ó caer na conta de que tratábase dun tema bastante manido, e que leva máis de un século no escenario económico mundial. Vos volo imaxinábades?

En Livermor, en California, temos unha “compañeira”, que dentro de pouco vai facer 120 anos. Foi na base de bombeiros da cidade, e non era unha muller, se non unha lámpada. Unha lámpada que leva encendida dende o ano 1901. Todo comenzou cunha investigación dun fabricante de lámpadas nos anos 70, ó que lle chamou a atención, e pensou en entrevistar ós xubilados máis vellos de 90 anos que lembraban á lámpada toda a vida prendida no garaxe dos bombeiros. Coa axuda dos xornáis locais no arquivo de fotografía, foron capaces de datala no 1901, e dende aquela leva iluminando parte das instalación. Pódese seguir a sua evolución en tempo real (1), ainda que xa acabou coa vida de 3 webcams…. Paradóxico, non?


En Ferrol, o pai do que escribe estas liñas, decidiu cambiar as lámpadas de varios lugares da casa, por outras de led, que prometían moito menor consumo. A da miña habitación fundiuse pasado un tempo que podiamos estimar en pouco máis de un ano. Volvímola cambiar, e anotar a data de instalación no corpo da mesma, cun rotulador imborrable. Non leva un ano….e xa non da a luz que prometía (acompañame un foco de mesa, se non xa estaba cambiada). Por que non poden durar máis anos? E que non son capaces de facer as cousas con materiais e deseño adecuado? É tan complexo? Pois non é unha cuestión de poder facer. É unha cuestión de querer facer. Ainda que, estamos seguros?

A obsolescencia programada, comenzou a primeiros do século pasado, precisamente polos fabricantes de lámpadas. Estes, fabricaban lámpadas cunha duración garantizada de 2500 horas. Pero déronse conta, que a rendabilidade do produto entraba en conflicto coa productividade da fábrica. Así formaron, dende a sombra (nunca mellor aplicado o termo…) o comité Phoebus, para estandarizar a fabricación das lámpadas a unha duración máxima de 1000 horas, con multas e sancions ás fábricas que incumpriran o estandar. De este modo permitiuse a continuidade nas fábricas de lámpadas. Hoxe sabemos que coa tecnoloxía das antigas lámpadas poderianse garantir máis de 100.000 horas de duración de unha lámpada!! Pero por cada unha fabricada deixaríanse de fabricar 99. Se estrapolamos ó numero de fabricas, por cada 100 fábricas de lámpadas deberían de pechar 99… Vale, o criterio é absolutamente simplista, pero vale para plantexarnos se todo esto é simplemente unha cuestión de querer facer. A primeira persoaxe que teorizou sobre a necesidade de aumentar producción como método de crecemento económico foi Bernard London, empresario, axente inmobiliario ademais de filántropo americano. Decía que a obsolescencia programada, era una ferramenta que posibilitaba un aumento de consumo e unha axilización da fabricación, que permitía sair da pobreza orixinada polo crack económico do 29.

O concepto naceu no caso anterior, pero evolucionou nos anos moi intrinsecamente co desenrolo das economías capitalistas. No 1908, Ford, facía un vehículo moi moi fiable que arrasaba nas vendas: o Ford T. Un coche que duraba moito, fácil de arranxar e manter, e servía para multitud de traballos. Os seus rivais eran os fabricantes de General Motors (GM), per viron que non era doado competir con Ford T. De todos modos, Alfred Sloan (o director da empresa) apostou por un concepto novedoso: fixeron un modelo de coche, moito máis atractivo en canto o deseño, pois a durabilidade do Ford, non invitaba a buscarlle cambios de estructura ou deseño (non cambiaban nin a cor, pois todos eran negros). Ademáis, fixéronno mais barato, e acompañado dunha potente campaña de publicidade que movía ás masas a consumir o produto. Así foi como superaron o Ford T durante máis de 60 anos, e incluso obrigaron a cambiar de estratexia do fabricante de coches duros “pero feos e antigos”, para non caer na ruina económica. Nacía o concepto do deseño coma un componente da obsolescencia programada.

Co paso do tempo, e coma desenrolo do caso GM-Ford, o desgaste, pasou a ser un argumento que perdía forza fronte ó deseño. Había que tratar de “seducir ó consumidor: darlle algo que xa ten, pero mais novo, máis bonito e antes que os seus veciños” (Stevens Brooks en 1954) . E deste modo, espertou un modelo de obsolescencia propio da clase media que có tempo evolucionou ao que actualmente se define coma obsolescencia psicolóxica ou cognitiva: interiorizar na poboación o pensamento de que o que non ten determinados produtos, queda fora do sistema funcional: queda fora da sociedade. Establecese unha necesidade na poboación, unha “obriga” de “busqueda do último modelo” iniciando así unha liña de consumo ilimitado. A teoría séguese a pulir, a medida que o sistema económico capitalista, permite tamen un crecemento continuo e mantido nos paises nos que está implantado, e tamén, un aumento da riqueza económica e do nivel e calidad de vida. Surxe así a “Sociedade de Crecemento”: a combinación de Obsolescencia Programada Cognitiva, más a aparición do crédito como ferramenta de consumo, e a presión da publicidade na sociedade. A alternativa a este sistema era o réximen de economía comunista, onde a obsolescencia programada non tiña cabida. As lámpadas duraban mais de 2000 horas e as neveras 25 anos. Ademais os deseños eran secundarios á fabricación dos produtos. Pero a caída do réxime deixou á economía capitalista coma un modelo a seguir na vía do desenrolo dos diferenes países. O interrogante final é doado: É este un modelo de crecemento sostible ao longo prazo?

O último capítulo surxe coa eclosión da época actual dixital. Un novo modelo de obsolescencia que é a obsolescencia tecnolóxica onde tanto a evolución dos software, como o propio uso do mesmo poden colocar, descaradamente unha data de caducidade dos produtos. De todos os modos de obsolescencia que levan en evolución, quizais este momento é o que podemos considerar como máis éticamente dubidoso. Non é o uso do produto, ni o desgaste, nin o envellecemento do deseño: é simplemente a data de caducidade que descaradamente pódelle imprimir ós seus produtos os fabricantes: impresoras que deixan de imprimir, televisores que deixan de traballar, ou sistemas operativos novos que fan inservibles ós aparatos tecnolóxicos. Ademáis, os costes de fabricación disminuiron, e o prezo dos produtos baixaron, polo que arranxar os aparatos estropeados “non é unha opción rentable” e en ocasións posible.


Chegados a este punto é doado supoñer que o problema principal que se orixina agora é a produción de residuos tecnolóxicos. Podíamos pensar que os países teñen mecanismos de reciclaxe adecuados. Pero nada máis lonxe da realidade… Os aparatos que deixamos, ben sexa por estropearse, ou por obsolescencia tecnolóxica, dos paises de occidente, son “vendidos” a paises en desenrolo, máis pobres, ás veces como doazón e outras como venda de segundo uso. Chegan en contenedores que pasan as fronteiras disfrazados como elementos recuperables e acaban en cemiterios de materiais onde son desmontados sen ningún control nin seguridade. Liberan todos os elementos que se poden aproveitar soltando unha gran cantidade de tóxicos e contaminantes, sen ningún tipo de control. O cableado de todos os aparatos é extraído e queimado para desfacerse do plástico e opter así o metal que será revendido a outros paises. Son os vertedoiros electrónicos de África e Asía (Ghana e o máis significativo).


Se facemos un exercicio de sinceridade, a obsolescencia programada é un elemento asociado ó desenrolo dos paises e ó comercio en xeral. Está na base do que podemos entender coma “moda” e leva con nos convivindo máis dun século. Fomenta o consumo, xerando postos de traballo, e constitue un motor que favorece os constantes avances en mellora dos produtos. Pero pola outra banda, orixina un terrible problema de xestión de residuos e lixo, así como esgotamento de recursos naturais. Os críticos de este fenómeno, abogan por unha volta ás sociedades antigas de baixo consumo, porque certamente o modelo de obsolescencia programada, choca co concepto de desenrolo sostible. Posiblemente, coma en case todo, no equilibrio está a virtude: É necesaria unha regularización dos mercados por medio de leis que eviten o comercio ilegal de produtos para reciclar. Eu confío na reciclaxe coma unha ferramenta que non está o suficientemente usada no momento actual. Quizais por economía ou comodidade dos fabricantes, pero deberían de ser estes os obrigados a facerse cargo dos seus produtos unha vez que finalizan o seu ciclo. Esta teoría non é nova. Chámase “cradle to cradle” e orixinou un certificado “C2C” polo cal todos os produtos volvense a reciclar. Cando os gobernos obriguen globalmente o cumprimento de este certificado, o almacenamento de residuos electrónicos disminuiría dun xeito importante. Por outra banda, paralelamente, deberemos de cambiar as actitudes consumistas, e fomentar a sostenibilidade. É difícil, cando todo o mundo ten “tentacións ou ambicións”, pero mediante un exercicio de reflexión e comprensión, é doado caer na conta de que é responsabilidade de todos optimizar recursos, e perseguir un consumo comedido.





                                                              (Video Documental, Comprar, tirar, comprar. Gañador de numerosos galardóns e nominacións)


Comentarios